O PAPAGAIO, O XORNAL DA XENTE MIÚDA, XA Á VENDA!

Xa está á venda O PAPAGAIO! Un xornal en papel para a xente miúda, con seccións sobre ciencia, ecoloxía, arte, historia, banda deseñada, actualidade... e moito máis.
-12 páxinas a cor.
-Periocidade mensual (10 números ao ano).
-Podedes ler 6 páxinas de mostra na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html


POR SUBSCRICIÓN ANUAL:  64€: 2 exemplares/mes / 135€: 10 exemnplares/mes / 210€: 20 exemplares/mes.   
Contacto para máis información:
656838830 

edicionsmoitoconto@gmail.com
 

DEBUXO DUNHA MÁQUINA CONSERVEIRA DE ATÚN


NOVO DISCO DE KAYUCOS VAN!

Preséntovos o novo disco de Kayucos Van. Reggae, rumba, ska, rap, funk, cumbia...  Agardo que gocedes con el nestes longos días de verán! Eu participei no deseño do libro. Todo un pracer traballar cos Kayucos!
Podedes escoitalo gratis aquí (inclúe o libro e as cancións):
https://soundcloud.com/user-392732262/sets/a-la-deriva-2016




UNHA BOA NOTICIA!

Grazas a boa acollida que está a ter O PAPAGAIO aumentamos o número de páxinas de 8 a 12. Desta maneira podemos ampliar a información e incluír novas seccións!
As subscricións seguen abertas. Non volo perdades!
Máis información aquí: no teléfono 656838830 ou na web http://www.edicionsmoitoconto.com/
 

NOVO PROXECTO EDITORIAL: O PAPAGAIO!

Da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións MOITO CONTO nace un proxecto editorial novidoso: O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual en papel, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal. Nel tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.


Xa está dispoñible o número 0. Podedes visualizalo na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

SUBSCRICIÓN ANUAL: 64€: 2 exemplares ao mes / 135€: 10 exemnplares ao mes / 210€: 20 exemplares ao mes.
Contacto para máis información:
656838830
narciso@coegal.com

http://abrahamcarreiro.blogspot.com.es/p/caricaturas.html


ZOO DE DUBLÍN



Mostra de páxinas para o zoo de Dublín.

EDICIÓNS MOITO CONTO

Para estar ao tanto das novidades podedes acceder ao Facebook de edicións Moito Conto neste enlace:
www.facebook.com/edicionsmoitoconto